Blogues

PROXECTO DE XESTIÓN

Segundo o artigo 123 da LOE, os centros públicos deben expresar a ordenación e utilización dos seus recursos, tanto materiais coma humanos, a través da elaboración do seu proxecto de xestión, nos termos que regulen as administracións educativas. Estas poden delegar nos órganos de goberno dos centros públicos a adquisición de bens, contratación de obras, servizos e subministracións. Esta autonomía de xestión debe estar de acordo co Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O Plan Xeral de Atención á Diversidade (PXAD) é un documento institucional que desenvolve as medidas xerais de atención á diversidade contempladas no PE, concretando as actuacións dos distintos profesionais, os mecanismos de colaboración e coordinación internos, cos centros adscritos, coas familias do alumnado e cos servizos externos ao centro, así como as actuacións para a súa avaliación e seguimento.

O PXAD será o instrumento que guíe a planificación e concreción anual das medidas educativas de atención á diversidade en función das necesidades detectadas e dos recursos dispoñibles no marco da Programación Xeral Anual.

PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO

A escola é un dos primeiros espazos onde o individuo se forma en todo tipo de aprendizaxes e materias entre as que cobran especial relevancia as linguas. Desde as etapas máis temperás o alumnado irá adquirindo unha maior competencia lingüística e mellorando as destezas comunicativas que lle serán fundamentais para o seu desenvolvemento integral, tanto dende o punto de vista académico como persoal. O sistema educativo deberá garantir, logo, o dominio das linguas oficiais de Galicia, galego e castelán, e favorecer o coñecemento de linguas estranxeiras, tan necesario na sociedade multicultural e globalizada en que vivimos.

Os centros escolares concretarán a súa planificación lingüística no PLC (Proxecto Lingüístico de Centro) axustándose ao descrito no Decreto 79/2010. Neste documento pedagóxico-administrativo especificaranse, entre outros datos, a distribución lingüística curricular, as medidas de apoio e reforzo para mellorar a competencia lingüística do alumnado e as actuacións encamiñadas a dinamizar o uso da lingua galega.

Tal e como se indica no artigo 14º, o PLC será redactado por unha comisión nomeada polo equipo directivo e constituída, como mínimo, polos/as xefes/as dos departamentos de linguas e mais o/a coordinador/a do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega). No dito decreto establécese tamén que deberá remitirse á Inspección Educativa cada 4 anos e actualizarse anualmente nunha addenda que recolla os cambios producidos a respecto do curso anterior.

Podése consultar máis información no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

PROXECTO LECTOR DE CENTRO

O proxecto lector de centro é un documento deseñado para desenvolver a medio prazo no que, a partir da análise do contexto en materia de lectura, se articulan todas as intervencións que se van realizar no centro en relación coa lectura, a escritura e as habilidades informativas, coa participación do profesorado das distintas áreas, materias e niveis, incorporando a biblioteca escolar e as bibliotecas de aula como recursos fundamentais para a súa posta en marcha. 

PLAN DE FOMENTO E INTEGRACIÓN DAS TIC

Cada centro educativo deberá elaborar e incluír no proxecto  educativo de centro, un plan de introdución das tecnoloxías da información e  da comunicación que implique un cambio metodolóxico e unha adaptación á  realidade para o mellor aproveitamento das posibilidades que as TIC ofertan.  

A aplicación das TIC ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar  preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa  utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer.  

Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital. Esta competencia consiste en dispoñer de  habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das TIC como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.

ACTUALIZACIÓN 2022/23

Neste curso desenvolverase o Plan Dixital de centro, baseado neste MARCO XERAL e impulsado polo Equipo TIC do centro.

O PLAN DIXITAL PODE CONSULTARSE AQUÍ

PLAN DE CONVIVENCIA

O  plan  de convivencia    do  centro  é  o  documento  no que  se articula    a  convivencia escolar,  que  garante  unha  educación  en     o exercicio  de     os dereitos e  das    liberdades dentro de     os  principios  democráticos  de convivencia,    así como    en     a prevención  de conflitos e a súa resolución pacífica.

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL (PAT)

A lexislación actual determina que cada grupo de alumnos ten que ter un titor ou titora no que recaen as tarefas de orientación e apoio do alumno ou alumna como grupo e individualmente. En base a esto, resáltase neste plan a figura do Profesor/a titor/a. O impulso a todo o proceso de elaboración correu a cargo do D.Orientación e a Comisión de coordenación Pedagóxica. A titoría puntual ou conxunto de actividades que vai levar a cabo o/a profesor/a titor/a, responsable da clase deberá adecuarse á programación previamente consensuada entre os diferentes profesores de ciclo ou etapa e a xefatura de estudios. Esto supón a posibilidade de desenvolver este plan a través de programas específicos para cada curso académico, que se concretarán na Programación Xeral Anual. O Plan proporciona os elementos que posibiliten determinadas estratexias de actuación sistemática, a coordenación dos axentes que interveñen, actividades específicas para lograr o bo funcionamento das titorías nos tres ámbitos: alumnado, profesorado,pais e nais.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO (NOF)

No artigo 18 do Decreto 8/2015 faise referencia ás Normas de Organización e Funcionamento (NOF). Trátase dun documento institucional independente nos centros educativos, pero con fundamento no seu Proxecto Educativo (PEC), sendo as súas liñas xerais as que deban inspirar o seu desenvolvemento. Son un conxunto de normas relativas á organización e funcionamento do centro e xorden da participación e do consenso de toda a comunidade escolar (alumnado, profesores, persoal de administración e servizos e nais e pais do alumnado) No artigo 19 do Decreto 8/2015 indícase que as normas de convivencia, que serán elaboradas polos centros docentes, terán como obxectivo fundamental desenvolver unhas relacións positivas entre os diferentes membros da comunidade educativa para lograr un clima escolar axeitado que facilite o logro dos obxectivos educativos e o éxito escolar.

PROXECTO EDUCATIVO

O Proxecto Educativo (PE) é un instrumento para a xestión coherente co contexto escolar que enumera e define as notas de identidade do centro, formula os obxectivos que se pretenden e expresa a estrutura organizativa do centro.

Consideramos imprescindibles o contexto socioeconómico e cultural, as peculiaridades dos/as alumnos/as así como as concepcións educativas que pais e profesores mantemos para dotar ao Centro cun estilo propio, cos seus sinais de identidade, coa finalidade de garantir a coherencia na formación do noso alumnado.

Neste proxecto establecemos as intencións educativas para os alumnos de Educación Infantil e Primaria. Estas intencións iranse determinando e detallando ao longo do proceso educativo sendo conscientes de que o van condicionar por responder a propósitos e finalidades que a sociedade asigna á escola no ámbito máis xeral dos valores e das actitudes, co carácter pluralista da sociedade.

Distribuir contido