blogue deA Maía

Baile de disfraces no Antroido da Maía

   Tanto os profes coma os alumnos o pasamos moi ben durante o baile do disfraces co que rematamos esta semana de Antroido no Ceip A Maía!

Baile de disfraces dos alumnos de infantil

   Os 225 pequenos de infantil viñeron disfrazados de princesas, superherois, patrulla canina, monstros e todo canto se lles ocurreu nunha mañán moi divertida na que tamén degustaron as filloas, orellas e rosquillas propias do Antroido. Despois baixaron ao edificio de primaria e tras duns primeiros minutos de impresión dos máis pequeniños de 3 anos, case todos se foron soltando e  bailaron cos seus compañeiros ao ritmo da música seleccionada polo equipo de extraescolares que lles puxo o profe Jorge.

 Moitas grazas os papás e mamás por colaborar cos disfraces e coas larpeiradas das que os pequenos deron boa conta nas festas de antroido que celebraron nas aulas.

O Antroido en 3º

CARTELÓN DO ANTROIDO DOS RAPACES DE 3ºOs alumnos e as alumnas da clase de Carmela fixeron as súas máscaras do Antroido relacionadas co Sistema Solar.

E os das clases de Mariluz e María José fixeron estas outras co mesmo tema:

E así se disfrazaron os da clase de 3ºC

 

Máscaras de 2º

    Os alumnos e alumnas de 2º da clase de Manoli fixeron estes antifaces con recortes de revistas.

  E os alumnos da clase de Natalia decoraron a clase e a porta con estas outras nas que tamén empregaron plumas, lazos, purpurina e papeis metalizados...

Bos días cole

A paz comeza cun sorriso!

  Esta frase de Teresa de Calcuta apareceu escrita nas ventás do comedor o día da paz a carón dun gran símbolo feito con mandalas decorados polos alumnos  que acuden aos servicios complementarios de Bos días cole. Podedes ver unha foto desde dentro e desde fora e tamén un gran mural sobre os dereitos dos nenos que decora o comedor.

    Podedes seguir máis actividades dos rapaces de "bos días cole" desde o bloque de sevicios complementarios xa que  premendo na pestana nova tedes acceso o blogue de ÓRBITA INFANTIL.

DÍA DA PAZ

   Hoxe celebramos o Día da Paz. Os alumnos e alumnas de infantil e primaria elaboraron ó longo da semana as pancartas que hoxe compartimos, leron os lemas traballados por niveis e remataron todos xuntos cantando a Cantarela dos nenos de Neira Vilas. Deixemos que os videos coas fotos dos traballos falen por eles....

As pancartas:

Un anaco da canción:

A xuntanza de todos os alumnos:

Ademáis no blog de primaria podedes ver outro video da xornada premendo AQUÍ

 

Os mandadiños do Meco para Infantil

Estos son os mandadiños do Meco para os nenos de infantil ó longo da semana:

Luns empeza

con algo na cabeza.

Quedarás coa nosa mirada

se o martes traes a cara pintada.

Para o noso gozo

o mércores traerás algo no pescozo.

E o xoves vístete do revés

                e trae algo nos pés.

Periódico: Escuela

"Música, baile e instrumentos na tradición galega" no Auditorio e visita ó Mupega

 O venres os alumnos de 5º de primaria fixeron unha saída a Santiago para visitar o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e o Auditorio. Neste escrito a alumna Natalia Paz de 5ºC, cóntanos como lles foi.

  No Auditorio asistiron a un concerto de "Música, baile e instrumentos na tradición galega" a cargo de Pablo Carpintero que fixo o deseño do concerto, a presentación, gaitas e outros instrumentos, das pandereteiras "Ars Antiqua" (Sonia Albor, Montse García-Santamarina, Rosa Sánchez, Raquel de la Fuente e Fátima Ruzo) e o grupo de baile do centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras dirixido por Luís Prego.

 Aquí están os alumnos de 5º no MUPEGA

Distribuir contido