"Neste curso no colexio temos a sorte de ter a unha compañeira facendo unha substitución na materia de música: Sofía Oriana Infante. Nunha conversa sobre músicae a materiaque ela vai impartir, coméntame que ademais de mestra especialista en Educación Musical é tamén compositora. Recentemente compuxo a banda sonora da película Elisa y Marcela de Isabel Coixet, entre outrostraballos.
Propóñolle entón que lles dé unha charla aos alumnos e alumnas de 6º curso. Inmediatamente Sofía acepta e a organizamos antes de que remate a súa substitución. Non é unha oportunidade que xurda todos os días e non queremos desaproveitala. Os nenos e nenascoñecen e teñen referencia de compositores e de mulleres músicas, pero non de compositoras e nos pareceuunha excelente oportunidade de que coñeceran esta profesiónda man dunha compositora de actualidade.
Durante a interesante charla que Sofía ofreceu aos nenos e nenas de 6º,faloulles sobre os anos de estudos e de formación que esixe chegar a ser compositora e animounos a perseguir e persistir para conseguir os seus sonos. Tamén lles explicou como algúns compositores/as non dispoñen dunha orquestra cando están a compoñer, senón que utilizan, previo pago, as “bibliotecas de sons”. Os nenos/as comprobaron a través de exemplos prácticos que ela puxo, como a música nos transmite moita información e por iso é fundamental nunha película. Amosoulles un dos seus traballos e lles fixo reflexionarfinalmente, sobre a importancia de estudar, coñecer e prepararse para poder diferenciar e seleccionar, a boa música.
Os nenos e nenas, que amosaron moito interese polo tema, ao final poideron facerlle preguntas a Sofía. Algunhas delas foron, por certo moi interesantes: que sentiches cando te escolleron para facer a banda sonora desa película? ou, se poideras escorller compoñer unha banda sonora, para que director a farías?
Como vedes a charla resultou tremendamente proveitosa como xa esperábamos e desde aquí queremos darlle a Sofía as grazas unha vez máis".
Os alumnos e alumnas de 6º realizaron estas MAQUETAS DAS HABITACIÓNS. Un traballo de "interiorismo" no que non esqueceron ningún detalle!. Ampliade a pantaia completa para apreciar o traballo realizado en cada unha. As maquetas están expostas no corredor do 2º andar.
O alumnado de 6º asisteu no Principal de Santiago á representación de VALENTINO RUFINI E ÂKIL PILLABÁN DE VIAXE A MILÁN (E VAN SEN UN CAN) pola Compañía Talía Teatro coa dirección de Roberto Salgueiro. Despois fixeron estes debuxos e comentarios sobre a obra.
Máis información sobre a obra a compañia de Teatro Talía e as unidades didácticas, premendo AQUÍ.
Para conmemorar o 25 de novembro, os alumnos e alumnas de 6º fixeron carteis para reflexionar sobre a violencia de xénero. Está no segundo andar rodeando unha exposición que nos invita a intentar poñernos nos zapatos das mulleres maltratadas... Premede na imaxe de abaixo para ler e reflexionar como fixeron eles.
VIOLENCIA DE XÉNERO
"O Día Contra á violencia de xénero celebrase o día 25 de Novembro en todo o mundo para manifestarse e para denunciar polo maltrato físico a unha muller.
Empezouse a manifestar no ano 1981 en conmemoración a as tres mulleres agredidas (Patricia, Minerva é María Teresa)
Converteuse nun problema estrutural sobre as mulleres que (non valían nada) contra os homes.
Prodúcese por un problema social, tanto pode ser doméstico ou público en diferentes ocasiones: física, sexual, psicolóxica, económica, cultural e outras mais.
O mércores, 25 de xaneiro os grupos de alumnos de 6º que colaboran na Biblioteca fixeron unha visita ao Parlamento de Galicia. Alí asistiron a un Pleno e despois tamén foron á Biblioteca Afundación
Ver máis información sobre esta visita no blog da biblioteca, premendo AQUÍ.
Para o alumnado e profesorado de Sexto, o pasado venres día 3 foi un día inesquecible!. Baixo a batuta de Ángel, chegamos ata a molécula máis importante dun ser vivo, a que contén toda a súa información xenética. Descubrimos o Libro da Vida das cereixas, do kiwi … Extraemos o seu ADN!!! … Que ben o pasamos!!!
Moi posiblemente nuns pocos anos, algúns de nós, como os equipos do doctor Carracedo, esteamos a traballar con moitos Libros da Vida e descifrando os seus códigos xenéticos. Polas combinacións das súas letras (A, adenina; C, citosina; G, guanina e T, timina), saberemos das características dunha vida e das mutacións dos seus xenes : axudaremos así a coñecer, a previr e a curar enfermidades!!!
Namentres, ata ese día, seguiremos a aplicarnos a nosa particular lenda desas 4 letriñas: A (Amor pola ciencia), C (Curiosidade por saber), G (Gusto por traballar ), e T(Tenacidade para non rendirse).
MOITAS GRAZAS Ángel, pola ilusión investigadora que sementaches en todos nós!!! … Ata o curso que vén, profesor Carracedo!!!
Segundo escribín na entrada anterior, Xosé Neira Vilas estivo falando cos rapaces de 6º B a mesma mañá do xoves. Por unha serie de coincidencias chamou por teléfono cando eles estaban a piques de ler un dos seus poemas e falou cos nenos a través da súa profe. Fíxolles prometer que sempre lerían poesía... Agora as rapazas e rapaces enviaronlle a Marina a súa homenaxe personal a este gran escritor e aquí vola poño tal e como eles a escribiron:
"HOMENAXE do alumnado de Sexto B a Xosé NEIRA VILAS
Ai, amor!
Que lonxe! Que lonxe estás!
Canta terra entre nós dous.
Pero dende que te fuches.
Ai, amor! Ai, amor!
(Xosé Neira Vilas)
O grupo de alumnos e alumnas de 6º B do Ceip A Maía tivemos a sorte de poder lerlle o poema “Ai, amor!” a Xosé Neira Vilas; escoitarlle e recibir, da súa parte, agarimosas palabras, animándonos a seguir lendo poesía. Isto que contamos, tería pasado en centos de veces con nenos e nenas de toda Galicia. Pero, no noso caso, foi algo especial: ocorreu o xoves día 26 de Novembro pola mañá, e esa mesma noite, faleceu na súa casa. Estas son as nosas palabras de homenaxe e recordo ao escritor. E queremos que vaian acompañadas dunha promesa: non esqueceremos ler poesía nin as súas obras en prosa! Balbino e Ruliño están tristes. Botan de menos ao seu pai. Os nenos queremos que Xosé volva ás nosas vidas. De calquera xeito, sempre estará no noso corazón. As alumnas e os alumnos de 6º B."