Tarefas Lingua Inglesa 4º de Primaria
Lembrade! #Euquedonacasa
Os alumnos e alumnas de 4º de primaria visitaron o 29 de maio o Dolmen de Dombate e o Castro da Cidá de Borneiro en Cabana de Bergantiños.
Os alumnos fixeron actividades e tiveron unha visita guiada. Achegáronse así a unha parte importante da nosa historia. O monumento megalítico de Dombate foi usado entre o ano 3.800 a.C. ata o 2.700 a.C. e o Castro da Cidá estivo habitado entre os séculos VI a.C. e o I d.C.. Viñeron encantados!
O trimestre pasado os alumnos e alumnas de 4º nivel asistiron no Auditorio de Galicia ao concerto didáctico do Crebancoces de P.I. Tchaikovsky, interpretado pola Real Filharmonía de Galicia xunto coa compañía de monicreques PER POC.
Como sempre que imos a un concerto didáctico, preparamos na clase de música a asistencia ao mesmo e despois fixeron estes debuxos. Tedes máis información no PDF adxunto.
Polo Samaín os alumnos e alumnas de 4º decoraron os corredores con arañas, bruxas e esqueletos disfrazados.
O día 11 de outubro, Rafael Penedo, arqueólogo de profesión e pai de Ana veulles dar unha charla aos alumnos de cuarto sobre esta ciencia que estuda as culturas, artes, monumentos e obxectos da antiguedade. Tamén lles trouxo restos arqueolóxicos.
Foi moi interesante. Moitas grazas por compartir esta charla cos rapaces!
"Rafael Penedo é licenciado en Xeografía e Historia -especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía- pola Universidade de Santiago de Compostela, é Xefe da Sección de Arqueoloxía nos Servicios Técnicos de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
"Ao longo da súa carreira exerceu como arqueólogo en proxectos de investigación e prospeccions arqueolóxicas, profesor e ten publicacións en revistas científicas especializadas".
Os alumnos e alumnas de 4º fixeron nas clases de plástica estos monicreques con planchas de espuma, roupa reciclada, pelotas, moi diversos accesorios, moito tempo, unha enorme cantidade de imaxinación e sobre todo moitísimo traballo!
O pasado venres 9 en horario de mañán os alumnos de 4º e os seus profesores visitaron o Castro de Baroña (un asentamento celta da idade de ferro no Concello de Porto do Són ocupado entre os séculos I A.C. e I D.C.) e o Dolmen de Axeitos un monumento megalítico no Concello de Riveira cunha antiguidade de case 7000.
Antón e Xosé déronlles aos alumnos de 4º un concerto de violonchelo e guitarra.
Para saber máis destes dous instrumentos de corda (un de corda frotada e outro de corda pulsada) premede nos seus nomes.
Os alumnos e as alumnas de 4º despois de plantar as súas camelias Rosalía de Castro:
Os alumnos e alumnas das tres clases de 4º fixeron estas árbores de Nadal con recortes de papel metalizado. Brillantes!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |