Infantil

Baile de disfraces dos alumnos de infantil

   Os 225 pequenos de infantil viñeron disfrazados de princesas, superherois, patrulla canina, monstros e todo canto se lles ocurreu nunha mañán moi divertida na que tamén degustaron as filloas, orellas e rosquillas propias do Antroido. Despois baixaron ao edificio de primaria e tras duns primeiros minutos de impresión dos máis pequeniños de 3 anos, case todos se foron soltando e  bailaron cos seus compañeiros ao ritmo da música seleccionada polo equipo de extraescolares que lles puxo o profe Jorge.

 Moitas grazas os papás e mamás por colaborar cos disfraces e coas larpeiradas das que os pequenos deron boa conta nas festas de antroido que celebraron nas aulas.

Nadal en infantil: Chocolatada de festa e títeres e cancións con Luis Vallecillo.

Entre outras actividades para rematar o mes de Nadal e dar comezo as vacacións, os alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos de infantil do Ceip A Maía asistiron a unha sesión de títeres, contos e cancións   polo artista e contacontos Luis Vallecillo. Pasámolo moi ben!

  Os pequenos tamén celebraron o inicio das vacacións cunha chocolatada con churros e festas nas aulas. Podedes ver algunhas das cousas que fixeron entrando nos blogues de infantil:

http://infantilamaia3.blogspot.com.es/2015/12/o-nadal.html

http://infantilamaia9.blogspot.com.es/2015/12/festa-do-nadal.html

 

 

Cantacontos con Luis Vallecillo

   Os alumnos e alumnas máis pequenos do cole asistiron no salón da Biblioteca a dúas sesións de CANTACONTOS co poeta, músico e autor Luis Vallecillo organizada polo equipo de Infantil... Neste obradoiro musical, Luis cantounos en divertidas cancións en galego  a historia dos tres porquiños, as pantasmiñas, Xan sin medo e outros contos musicados e versionados por él cun aire de rock e blues acompañado da súa guitarra. Os pequenos repetiron os retrousos, bailaron e cantaron... Póñovos aquí un video con algunhas das cancións. (E tamén podedes ver máis fotos nos blogues de Infantil).

 

O atento público, na segunda sesión:

 

 

Distribuir contido