Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Calendario escolar

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2019/20

 

No 2º ciclo de educación infantil e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2019 ao 19 de xuño de 2020, ambos inclusive.

 

Períodos de vacacións

1.Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.

2.Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.

3.Semana Santa: desde o día 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.

 

Días non lectivos

Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2019-2020 se celebrará o 31 de outubro de 2019.

Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real Decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, na súa redacción dada polo Real Decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local ás que se refire o punto anterior non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, na súa falta, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica.

Máis información

Calendario escolar para o curso 2017-18

    ORDE do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
 
     "Artigo 5.  Actividades lectivas
 
    1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación     especial, a   impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de  2018, ambos inclusive".

Calendario escolar 2016-2017

Acceda aquí ao calendario escolar para o curso 2016/17.

    

     Ademais teñan en conta que serán non lectivos os seguintes

             Días festivos do Concello de Ames: 28 de febreiro, 25 de maio.

             Día non lectivo solicitado polo centro: 26 de maio

Calendario escolar 2015/2016

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Actividades lectivas

1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.

 

 Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambosinclusive.

2. Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016.

 

3. Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive.

 

Días non lectivos

Día do Ensino: 30 de outubro de 2015

* Pendente de elexir os festivos elexidos polo centro e engadir os festivos locais e as festas de ámbito estatal.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2014-15

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

by Dr. Radut