1º Curso

Os alumnos de 1º visitan Fervenza do Toxa

 Os nenos e nenas de 1º fixeron unha saída de fin de curso á granxa escola da Fervenza do Toxa en Reboreda, Silleda. Coñeceron as características e coidados dos animais e interactuaron con eles, traballaron na horta ecolóxica e participaron no taller de pan. Pasárono en grande na visita. Nestas imaxes podedes comprobalo!

Os de 1º cantan e bailan polo Nadal

Actuacións dos alumnos de primeiro para os seus compañeiros.

 

Xogos de fin de curso

  Os alumnos de 1º participando nos xogos de fin de curso organizados para todos os niveis polo Equipo de Extraescolares

Os primeiros en Mazaricos!

   Os alumnos de primeiro da Maía fixeron unha saída de fin de curso e visitaron Naturmaz,  un centro de turismo activo en Mazaricos.  Pasárono xenial en contacto coa Natureza. Viron animais, déronlles de comer, fixeron escalada, xogos de busqueda do tesouro...

Retratos de María Victoria Moreno

     Retratos de María Victoria Moreno realizados polos alumnos de 1ºC para o Día das Letras Galegas.

Os de 1º foron ver "OSIÑO" no teatro Principal

       

   Os alumnos e alumnas de 1º de primaria fixeron unha saída en bus a Santiago para ver no Teatro Principal a representación de  "OSIÑO".  Na obra, a cargo da Compañia Trompicallo, vemos como transcurre a vida  de Osiño, súa nai e os amigos que vai facendo, nun anaquiño da fraga, e como esta se vai transformando coas diferentes estacións. Un fermoso soño para nenos e nenas que lles encantou!. Tanto alumnos como profesores disfrutaron coa obra e o paseo polas rúas de Santiago.

Ficha artística:            

Autores:         Marian Glez./ Luís Glez./ Sabela Amado/ Kevin Stewart

Dirección:      Kevin Stewart

Titiriteiros:    Sabela Amado Rojo / Marian González / Luís González

Deseños técnicos e artísticos:         Trompicallo

Músicas:         Ignacio Sanz

 

 

"A danza da choiva"

 

  A semana pasada os alumnos de 1º de primaria asistiron na Aula de Cultura do Concello a  representación da "Danza da choiva", un espectáculo da compañía de teatro Elefante elegante

"A DANZA DA CHOIVA trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual: Que acontecería se de súpeto deixáse de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques".

Autoría, Dramaturxia, Escenografía e Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro

Interpretación María Torres e Gonçalo Guerreiro

Deseño de Iluminación Dani Pais

Coreografías Ánxela Blanco

Música Mano Panforreteiro

Vestiario Marcia Edleditsch

1ºA e 1ºB visitaron Marcelle

   Os alumnos de 1ºA  e de 1ºB  fixeron estos debuxos do que máis lles gustou despois da excursión para coñecer o Parque da Natureza de Marcelle.

  Neste enlace podedes acceder á información que ten o parque sobre os seus animais: AQUÍ+

 

Alumnos de 1ºC no Parque da Natureza de Marcelle

  Os alumnos e alumnas de 1º do Ceip A Maía fixeron unha visita cos seus profes ao Parque da Natureza de Marcelle, onde disfrutaron dunha visita guiada. Despois, no colexio, debuxaron os animais que viron.

 

arte e ciencia en 1ºC

Os alumnos e as alumnas de 1ºC fixeron estos días uns traballos que puxeron no corredor de primaria.

Mesturaron coñecemento do medio e arte cando fixeron estos ourizos con plastilina e cousas do outono.

Aquí visitaron a aula de experimentación e traballaron co esqueleto:

En este video están os cadros que fixeron despois de falar de pintores que coñecían:

 

 

 

Distribuir contido