Dependencias

Retallos da nosa historia

RETALLOS DA NOSA HISTORIA

   O  Ceip "A Maía" inaugurouse o 26 de outubro de 1991,  fai xa 24 anos, carecendo de patios cubertos ata o curso  2002-2003 e de ximnasio ata 2009. Está construido en dous andares con dous longuísimos corredores de case 100 metros. No ano 2003 construese, nunha das escasas zonas verdes das que disponíamos, o edificio de Educación Infantil con 9 aulas en dous andares e una sala de psicomotricidade. Posteriormente transfórmase un local no baixo en espazo educativo para realizar talleres. E no 2005 trasladouse o comedor para a antiga casa do conserxe, ocupando aquel coa nova Biblioteca do Centro. O comedor tamén se foi ampliando en varias fases. Todo esto configura un centro con espazos moi limitados e intrincados e con poucas zonas verdes e de recreo.

AS DEPENDENCIAS DO COLEXIO:

Na entrada: a emblemática pérgola de glicinias!

 

Entrada do edificio de primaria:

Entrada do edificio de primaria:

Corredor do primeiro andar:

Corredor do segundo andar en primaria:

 

Sala de profesores/as:


Aula de ciencias e experimentación:

Aula de informática (agora rotulada en chinés como todas as nosas dependencias)

  

Entrada da Biblioteca:

Aula de inglés:

  

O pavillón cuberto, a entrada pola pérgola das glicinias e o patio de infantil

O pavillón cuberto grande:

O edificio de infantil desde o patio de 4 e 5 anos:

Acceso ao edificio de Infantil:

O porche de infantil (e zona de xogos dos de 3 anos cando chove):

O patio de 3 anos detrás do edificio de infantil:

 

 Unha das zonas de recreo de primaria:

Vista dos bloques do comedor desde o edificio de primaria:

 

 

DEPENDENCIAS

O novo edificio do CEIP "A Maía" inaugurouse o 26 de outubro de 1991 coas carencias de patio cuberto e ximnasio. A primeira solucionouse cubrindo unha das dúas pistas polideportivas e no curso de 2002-2003, o concello cubriu outra pequena pista que terminou de soluciona-lo problema.

Os amplos espazos caracterizan o noso colexio.
 
A entrada e, á dereita, o patio cuberto, fundamental nos días de choiva.

No relativo ó ximnasio, despois de ser adxudicada a súa construción ó Grupo Espina-Delfín coa previsión de comezar as obras na primavera de 2008, finalmente poidemos estrealo en maio de 2009. Na actualidade as clases de Educación Física seguen a impartirse no Pavillón Polideportivo de Bertamiráns, nos patios cubertos do colexio e naturalmente no propio ximnasio.

O ano 2003, tamén foi importante pola construción do edificio de infantil, debido a enorme saturación que se vivía no edificio de primaria. Contruiuse de acordo coas máis avanzadas técnicas para ese tipo de edificacións.

O edificio de Educación Infantil.

 

No curso 2005-2006 o concello asume o traslado do comedor do edificio de primaria á antiga casa do conserxe, habilitando o primeiro para as novas instalacións da biblioteca.

 

Longas plantas forman o centro.
 
O desenvolvemento da informática é un dos obxectivos do centro.
Distribuir contido