Localización

Localización

  Con 2 edificios para primaria e infantil, 2 pavillóns cubertos, unha pista descuberta e pequenas zonas de xogos arredor do centro, o Ceip a Maía está ubicado a carón da estrada a Negreira  (saída na rotonda en Bertamiráns oeste) e rodeado polo IES de Ames, o polideportivo de Bertamiráns e a aldea de Castrigo.

LOCALIZACIÓN E HISTORIA


 


  O actual C.E.I.P. " A Maía", antes C.E.I.P. "Bispo Guerra Campos", pertence ao concello de Ames, parroquia de Ortoño. Situado na localidade de Bertamiráns, que é un núcleo urbano en fase de crecemento, alberga a maioría da poboación do Concello e polo tanto onde reside así mesmo a maioría do alumnado. Están adscritos a este Centro os alumnos/as da parroquia de Ortoño correspondentes á area de influencia marcada para este Centro.

 

 

O edificio do C.E.I.P. "A Maía" foi inagurado o 26 de outubro de 1.991, substituindo a outro do ano 1.972 que atendía a toda a poboación escolar do Concello de Ames. Esta poboación repártese agora entre o C.E.I.P. "A Maía ", o C.E.I.P. de Barouta, o C.E.I.P. de Ventín e o C.E.I.P. “Agro do Muíño”, o novo colexio de Bertamiráns, desde o curso 2007-2008.

O actual edificio conta cunha parcela de 9.600 m2 onde se alternan espazos verdes, outros pavimentados en formigón para zonas de xogo e pistas polideportivas, zonas de area e parque infantil para os máis pequenos e zonas de campo de xogo, cun edificio para E. Infantil, inaugurado no 2.001. Todo o recinto está valado.

A cabeceira municipal do concello de Ames, Bertamiráns, está a tan só 9,8 km de Santiago de Compostela.

 

 

A principal vía de comunicación con Bertamiráns, a capital do municipio, é a Autovía (AG-56) que desde o ano 2008 une Santiago e Brión, ademais da estrada C-543 que vai de Santiago de Compostela a Noia. Desta estrada sae a AC-453 cara a Ames, Tapia e Piñeiro; a AC-450, en dirección a Negreira, que cruza as parroquias de Trasmonte e Agrón; e a AC-302 que atravesa as parroquias de Ortoño e Bugallido para empatar coa N-550 que de Santiago conduce a Pontevedra e a Vigo.

Distancias
Bertamiráns-A Coruña 70, 1 km.
Bertamiráns-Pontevedra 53, 1 km.
Bertamiráns-Vigo 79,3 km.
Bertamiráns-Ferrol 99,2 km.
Bertamiráns-Lugo 107,4
Bertamiráns-Ourense

106,2

 






 

HISTORIA

   
     
 

O antigo Colexio "Obispo Guerra Campos" construiuse para concentrar as antigas escolas unitarias dispersas por todo o concello nun gran centro, inaugurado o 10 de outubro de 1972. Acollía nas súas aulas ós alumnos procedentes das parroquias de Ameixenda, Ames, Agrón, parte de Cobas, Bugallido, Lens, Ortoño, Piñeiro e Trasmonte. Situábase no Pedregal, actual enclave da Praza Chavián de Bertamiráns.

 
     
 
 
     
 

Ó rexerse polo antigo réxime da EXB (Ensino Xeral Básico) abarcaba desde Preescolar ata Oitavo curso. As etapas marcaban o ritmo do ensino, unha primeira etapa, con dous ciclos: ciclo inicial, 1º e 2º cursos e o ciclo medio, con 3º, 4º, e 5º cursos. A segunda etapa correspondía a 6º, 7º e 8º.

O edificio estaba dotado de laboratorios para os nenos maiores, e un comedor no que comían uns 300 alumnos, que viñan das parroquias máis afastadas. Moi distinta era a "paisaxe" escolar da antiga escola.

Naquela época, Bertamiráns era pouco máis que a estrada de Santiago a Noia. Pero a vila comezou unha enorme transformación da súa estructura social, e viviu cambios humanos e urbanísticos. Á capital do Val da Amaía chegaron xentes procedentes de Santiago, do resto de Galicia e de España e de moitas partes do estranxeiro.

 
     
 
 
     
 

A autonomía existente naquel tempo, permitía ó colexio desenvolver actividades como a Tuna, toda unha institución do centro sempre presente en festivais e celebracións.

É inevitable mirar cara atrás, e sentir nostalxia. Sen embargo, as carencias daquel centro que tan importante función cumpriu, foron resoltas cos puxantes CEIP de Barouta, Ventín e Bispo Guerra Campos. E aínda hoxe, un imparable crecemento da poboación fixo necesaria a construción dun novo colexio en Ortoño, o "Agro do Muíño", que se estreou no inico do curso 2007-2008.
Rematar este apartado dicindo que no curso 2009-2010 (DOG do 9 de marzo de 2010) o noso colexio pasa a chamarse CEIP "A Maía"

 
     
 

 

 

Distribuir contido