Algúns dos pequenos de 3 anos visitaron por primeira vez o horto escolar no que aínda quedaban algunhas fresas, millo, pementos e berenxenas que plantaran os rapaces que agora comezaron en primeiro cando estaban en 6º de Infantil...
Estas son algunhas fotos das colleitas anteriores. Os rapaces escribiron e decoraron as etiquetas cos nomes das plantas. E coas leitugas e os tomates cherrys fixeran ensaladas.
Con este proxecto do horto escolar, ademais de diverrtirse e facer "xornadas gastronómicas", os pequenos aprenderon de onde veñen os alimentos e sobre todo aprenderon a valorar o traballo dos agricultores.