Benqueridas familias,
Presentámosvos estas ligazóns de utilidade para que poidades aprenderlle aos vosos fillos e fillas como navegar de xeito seguro por internet e como manexarse en redes sociais.
Cremos que é moi importante que teñan tamén o voso apoio e supervisión neste campo.
Guía de Google para as familias.
Contén toda a información e explicacións de internet e as novas tecnoloxias. Son 32 páxinas con todo tipo de información detallada.
Pantallas Amigas
Guías, videos educativos destinados a primaria ou mesmo a adolescencia sobre toda a temática posible, onde temos información de saúde dixital, pautas, tolerancia, perigos, guías de violencia sexual, ciberacoso, sharenting...etcétera. É unha páxina con moitos recursos ben explicados.
En galego temos faite dixital (ligazón), que colabora coa Xunta de Galicia e Amtega para crear blogs, charlas educativas e demais desta temática.
Tamén buscamos dous videos explicativos, o mais claro posibles, sobre control parental, como funciona e as mellores apps para os pais.
Ligazón a Mi tribu
Ligazón a charla control parental
Na seguinte ligazón temos as leis de privacidade en internet: Ligazón
Procurade investir uns minutos nestes contidos, xa que os vosos fillos e fillas accederán de igual modo ás redes sociais e a internet. Que o fagan coas ferramentas e a formación precisa é cousa de todos.