Esquema semanal

  • Xeral

    PASIÑO A PASIÑO...

    Estimadas familias:

    Ante a situación na que nos atopamos, vémonos obrigados a comunicarnos por vías telemáticas

    Aquí vos iremos deixando materiais e enlaces para que os rapaces e rapazas poidan entrenar o cerebro dunha maneira lúdica nestes días.Tamén atoparedes técnicas de estudo, xogos para entrenar a memoria e atención, xogos para desenvolver habilidades sociais, traballo máis específico de AL ou PT, e outras cousas que iremos subindo.

    Para calquer dúbida ou necesidade que se vos poida presentar, enviade un correo electrónico ao enderezo doalomba@gmail.com; tentaremos resolvela da mellor forma posible.

     

    Un saúdo e esperamos vervos pronto!

  • 23 de Marzo - 29 de Marzo

    Deixámosvos diferentes propostas para irnos adaptando pouco a pouco á nova realidade.  Estades a facelo moi ben!

  • 30 de Marzo - 5 de Abril

    Para traballar as nosas emocións e a estimulación da linguaxe oral.  

  • 6 de Abril - 12 de Abril

    VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!

    • 13 de Abril - 19 de Abril

      Seguimos practicando coa linguaxe e aprendendo a identificar as emocións. Queda menos!

    • 20 de Abril - 26 de Abril

      Máis propostas para traballar a expresión oral e outras para relaxarse. 

      Apertas!

    • 27 de Abril - 3 de Maio

      Novas propostas para traballar a linguaxe oral e para escoller as vosas pegadas nestas semanas. Moito ánimo!

    • 4 de Maio - 10 de Maio

      Imos a por unha semaniña máis! Segue practicando a expresión oral e comprobando como andamos de memoria. 

    • 11 de Maio - 17 de Maio

      Un pouquiño de calma, contos e prácticas da lingua oral para esta semana. Imos a por ela!

    • 18 de Maio - 24 de Maio

      Actividades para fomentar diferentes habilidades e para seguir practicando a lingua oral. O estades a facer cada vez mellor!

    • 25 de Maio - 31 de Maio

      Novas propostas para aprender xogando e para practicar a linguaxe oral. Moito ánimo!

    • 1 de Xuño - 7 de Xuño

      Imos a xogar mentras aprendemos cousiñas novas. Xa non queda nada para rematar o curso! Apertas!

    • 8 de Xuño - 14 de Xuño

      Xa queda moi pouquiño para as vacacións! Aperta grande!

    • 15 de Xuño - 21 de Xuño

      Dende o Departamento de Orientación queremos decirvos que estamos moi orgullosas de todos e de todas vós. Sabemos que todos estes meses sen cole non foron nada sinxelos, pero tamén sabemos que aprendestes moitísimas cousas co apoio das vosas familias.

      Aínda que vos botamos moito en falla, estamos convencidas de que sempre tivestes un sorriso para compartir. Desexámosvos unhas vacacións estupendas, e agardamos ansiosas a volta ao cole para vervos!

      Unha aperta enorme de todas as mestras que formamos o Departamento de Orientación!

      A modo de despedida, esta semana vos propomos unha pequeniña mostra de imaxes con corazón!