Iniciar sesión: Acceso

Actividades

Corrección de erros do Airiños nº30

Nas portadas finalistas do concurso deste ano hai un erro nun nome (a fotografía está ben): o finalista foi Brais Fraga Rodríguez, de 4º de E. Primaria, non Brais Esmorís. Perdoade pola confusión e noraboa a todos os participantes, finalistas e gañadora...Ata o vindeiro concurso!

Aniversario de Celso E. Ferreiro

O 12 de Decembro foi o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, importante autor da nosa cultura.

No cole celebrámolo todos xuntos na biblioteca recordando a súa biografía. Tamén disfrutamos co recitado do poema "Deitado fronte ao mar", iniciativa da coordinadora galega dos equipos de normalización lingüística.

 

"Polo San Martiño, peóns ao camiño..." Novembro 2012

Un ano máis sacamos os peóns para xogar e axudar a que este xogo popular non se esqueza...Bailamos buxainas e perinolas, os pequenos fixeron eles de trompos e, entre todos, montamos un mural que quedou así de ben...Mirade!        

LETRAS GALEGAS 2011

O día 18 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas 2011, este ano adicado ao poeta e escritor Lois Pereiro. As actividades programadas foron:

1º.-Xogos no patio do colexio: Letras, letras, ... galegas. Globos. As cadeiras. As culleres. Vasos comunicantes. Canastra. A ra. Carreira de relevos. Estatuas. E Pilla-pilla de Lois Pereiro.

Os equipos estaban formados por nenos e nenas de distintos cursos, xa que o obxectivo fundamental era ter un xornada de convivencia, participar e pasalo ben. Ao remate agasallouse a todos cunha gorra.

Distribuir contido

Back to top