Iniciar sesión: Acceso

PINTANDO "OS XIRASOLES"

Os nenos e nenas de 4 anos convertémonos en artistas durante uns días e pintamos o famoso cadro de Van Gogh titulado "Os xirasoles".

Aniversario de Celso E. Ferreiro

O 12 de Decembro foi o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, importante autor da nosa cultura.

No cole celebrámolo todos xuntos na biblioteca recordando a súa biografía. Tamén disfrutamos co recitado do poema "Deitado fronte ao mar", iniciativa da coordinadora galega dos equipos de normalización lingüística.

 

ESPANTALLOS POR UN DÍA

Coa axuda das nosas familias elaboramos este estupendo disfraz de espantallo. O venres de entroido desfilamos desde o cole ata o centro de Paiosaco.

 

A froita é saúde

Ao investigar a importancia da froita na nosa alimentación e aproveitando o Plan de Consumo da froita nas Escolas, decidimos apostar por unha merenda máis saudable nos recreos. Para iso, elaboramos uns carteis informativos e publicitarios para fomentar o seu consumo.

Distribuir contido

Back to top