Iniciar sesión: Acceso

27/abril/2020 Outra páxina interesante con moitos recursos

 

Hoxe propóñoche unha páxina con moitos xogos e actividades interactivas de case todas as áreas, lingua castelá, matemáticas, ciencias sociais e ciencias naturais. En cada apartado atoparás moitos xogos interactivos para repasar contidos xa vistos, desde exercicios de ortografía e ditados, repaso de operacións matemáticas, mapas xeográficos, corpo humano, ... hai moita variedade.

Non deixes de revisar tamén o apartado de infantil, onde atoparás xogos interactivos para repasar as horas e os minutos, puzles e xogos de memoria (con repaso de vocabulario en inglés) entre outros.

Ademais, na sección “Otros” podes atopar sopas de letras, crucigramas, e ata ideas de papiroflexia, para facer con papel un coello, unha balea e incluso un raposo!.

A maioría das actividades son interactivas para facer en liña, pero tamén ten alternativas por se queres imprimir algunha actividade.

Entra na páxina, fedella nela, aprende e divírtete!  Para acceder preme aquí.

Back to top