Iniciar sesión: Acceso

Lembramos a Rosalía...

O 24 de febreiro xuntámonos na biblioteca para conmemorar o aniversario do nacemento dunha das máis importantes autoras galegas: Rosalía de Castro. Lemos en cadea algúns dos seus poemas máis emblemáticos de Cantares Gallegos e Follas Novas.

Todos estivemos moi atentos...

Rematamos escoitando "Adiós ríos, adiós fontes..." na voz de Amancio Prada. Grazas á iniciativa da AELG! Esperamos repetir o vindeiro curso!

Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

Back to top