Iniciar sesión: Acceso

UN DÍA DE CANS

O venres 7 de febreiro tivemos no cole un día moi especial. Recibimos a visita do Centro Canino de Montegatto. Cos adestradores Octavio, Lorena e Adrián viñeron os protagonistas da xornada: Fusco, Lala e Venus.

  

Quedamos impresionados coas súas habilidades e do obedientes e listos que son. 

  

 

FUSCO é un can de palleiro (raza propia de Galicia), que axuda a persoas discapacitadas: é capaz de axudar a vestirse, a recoller obxectos que caen, a traer calquera cousa, a abrir as portas,... É un perro excepcional. Fusco ata sabe sumar!!!

VENUS é unha cadela de augas moi cariñosa e xoguetona, áxil e obediente ao máximo e tamén moi golosa.

LALA é unha cadela podenco que ten un olfacto inigualable. Puido atopar unha pelota que Lorena escondeu na biblioteca.

   

 

 Puidemos participar e ata nos deixaron tocalos.

    

 

FOI UN DÍA INESQUECIBLE!!!                                                      

 

                                                                                        

 

 

Back to top