O traballo en equipos docentes

Tal e como adiantabamos na descrición deste módulo, e como poderás apreciar na clasificación de órganos de goberno que constitúen o teu centro, non estás só/soa no teu traballo. Formas parte dunha comunidade profesional, un claustro educativo que está, á súa vez, estruturado en equipos. 

Tanto as tarefas docentes como calquera proceso de mellora ou innovación ten moitas máis probabilidades de alcance e perdurabilidade nun equipo coordinado. O claustro, como comunidade profesional de aprendizaxe ten a capacidade de construír o seu coñecemento a partir de dous procesos: aprender da experiencia acumulada mediante adaptacións progresivas de novas ideas ou propostas e aprender dos proxectos postos en marcha.

Este coñecemento permítenos ordenar os contidos das materias, homoxeneizar sistemas de avaliación, xestionar a carga de traballo entre materias, etc. A experiencia de aprendizaxe mellora considerablemente para todos os axentes da comunidade educativa se se parte dun enfoque coordinado e do traballo en equipo.

É certo que os procesos en equipo son complexos e requiren dun investimento en termos de tempo e esforzo, porén son moitos os beneficios derivados deles:

  • Máis recursos.

  • Maior creatividade.

  • Maior rigorosidade.

  • Experiencias de aprendizaxe máis ricas para o alumnado.

  • Maior entendemento dos datos.

  • Sentido compartido da responsabilidade (tanto dos éxitos como dos fracasos).

A continuación presentámosche unhas táboas onde poderás apreciar cales son os órganos de goberno unipersoais, colexiados e de coordinación docente, propios de cada tipoloxía de centro educativo en Galicia:


ÓRGANOS DE GOBERNO UNIPERSONAIS




ÓRGANOS DE GOBERNO COLEXIADOS




ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE 


Última modificación: Luns, 30 de Novembro de 2020, 12:10