Documentos esenciais na FP

Na Formación Profesional cada módulo componse de varias unidades formativas. Á súa vez, cada unha destas unidades formativas divídese en unidades didácticas que recollen contidos, tarefas e os seus propios criterios de avaliación.


Para levar a cabo unha programación didáctica en Formación Profesional deberás ter en conta: o currículo de cada un dos módulos, os contidos e os elementos transversais e a descrición das actividades que vas levar a cabo.


 A aplicación web de programación que primeiramente che servirá para elaborar a programación didáctica, pasará a continuación a convertirse no teu aliado para realizar o seguimento diario do teu labor docente.


Neste subapartado de "Documentos esenciais" poderás acceder á consulta de documentos específicos para a Formación Profesional:

  • O manual de elaboración de programacións dos módulos profesionais LOE a través da aplicación informática

  • Un exemplo de programación didáctica para FP

  • As ligazóns onde atoparás toda a información relativa ao currículo, perfil e datos das familias profesionais de FP

  • Un exemplo das Normas de Organización e Funciomanmento (NOF) dun Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP)

  • A ligazón ás guías de procedemento de calidade, que che serán de gran utilidade se traballas nun CIFP. Unha vez accedas nesa ligazón coa túa conta de usuario corporativa, terás á túa disposición unha versión editable de ditos documentos que facilitará o teu traballo.

  • A ligazón ao INCUAL (Instituto Nacional de las Cualificaciones), que che permitirá coñecer: esta relevante institución no eido da FP, que é unha cualificación profesional, cal é o sistema nacional de cualificacións e formación profesional (SNCFP), o catálogo de cualificacións clasificadas por familias profesionais e por nivel e as diferentes vías para obter unha cualificación profesional (título de FP, certificado de profesionalidade e recoñecemento pola experiencia laboral).

Última modificación: Venres, 4 de Decembro de 2020, 10:46