Programas interesantes complementarios co xogamos?:

Photoshop: Para convertir unha imaxe en formato jpg a png de fondo transparente. Abrimos a imaxe no seu formato orixinal. Coa variña máxica seleccionamos aquelas zonas que queremos poñer como fondo transparente (se queremos seleccionar máis dunha zona da mesma imaxe deberemos ter pulsada a tecla de maiúsculas). Agora imos a: Ayuda - Exportar imagen transparente - He seleccionado el área para hacerla transparente - En línea - png - Poñémoslle un nome . Photoshop é un programa comercial.

Cdex: Para convertir un arquivo de son dun formato a outro. Interesante para pasar de formato wav a mp3. Programa gratuito. http://cdexos.sourceforge.net/

Format Factory: Este completo programa gratuito permite a conversión de todo tipo de formatos: video ( MP4, AVI, 3GP, MPG, FLV e MOV); imaxe (JPG, BMP, PNG, TIF e ICO), audio (MP3, OGG, WMA, M4A e WAV) ademáis de moitas outras posibilidades. Permite tamén ripear películas que se atopen en DVD, reparar arquivos de vídeo e audio que se atopen danados, ou reducir o tamaño dos arquivos multimedia. Está en galego. http://www.formatoz.com

Color Cop: Para obter o código da cor que queiramos e poder utilizar en xogamos?. Gratuito. http://colorcop.net

7 Zip: O mellor compresor e descompresor de arquivos. É software libre e en galego. http://www.7-zip.org

Visualizer Photo Resize: Para redimensionar imaxes en lotes. Gratuito. http://www.snapfiles.com/get/vphotoresize.html


Vdownloader: Para baixar videos de internet de páxinas como youtube, Google Video, Metacafe, MySpace, DailyMotion,... a diferentes formatos, entre eles o .flv utilizado para Xogamos?. Gratuito. http://www.vdownloader.es . Outra alternativa gratuita e online coa mesma funcionalidade é: http://keepvid.com
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55