logo_xogamos
O Proxecto Xogamos? é un conxunto de ferramentas para crear xogos de pregunta-resposta (tipo Trivial) completamente configurable tanto no referente ás preguntas como ao mesmo deseño do escenario do xogo.
Por qué preguntas?:

Aínda que nun primeiro momento un xogo baseado en preguntas con varias alternativas de resposta das cales só unha é correcta, pode resultarnos un claro exemplo de actividade conductista, non ten por que ser necesariamente así; vai a depender máis ben de cómo apliquemos este recurso na aula e no seu uso ou abuso.

Por outra banda, as preguntas son un recurso imprescindible no proceso educativo, utilizámolas:

· Para introducir un tema

· Como elemento motivador

· Para espertar a curiosidade dos alumnos e alumnas

· Para seguir un razonamento lóxico en actividades de descubrimento guiado ou resolución de problemas.

· Para avaliar coñecementos


As ferramentas que inclúe o proxecto para a creación de xogos son:

  • EdiPre: editor de preguntas. Programa informático para contornas windows e linux.
  • DEX: DEseño de Xogos. Aplicación para a construcción das interfaces gráficas dos xogos. Válida para contornas windows, linux , mac e Internet.
  • E por último Xoga é un script en flash que permite a utilización dos xogos en diversos sistemas operativos ademáis de Internet.

O traballo mereceu o 1º Premio no apartado de Ferramentas de autor nos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2007 da Xunta de Galicia.

Podes ver a web do proxecto en: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/file.php/262/Xogamos/index.html .



Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55