Este tipo de páxina permite incorporar arquivos externos Flash con posibilidade de avaliación.

En NOME temos que arrastrar o ficheiro flash (.swf).

externa

Se queres que LIM controle os resultados do flash, é necesario que teña unha variable que informe cando se realiza ben o exercicio. Ésto só o pode preparar o autor da actividade externa. Na versión actual do Edilim ( a 3.26) pódense definir as dimensións do arquivo flash, para axustalo ao espazo que desexamos.

Hai flash que se poden inserir sen problemas, pero non sempre ocorre así e os resultados son impredicibles: erros no tamaño, cambio no aspecto, sons que deixan de escoitarse,.... O mellor é que comprobes os resultados e se non son correctos non hai nada que poidas cambiar (a menos que sexas o autor da actividade externa ).

Podes enlazar a actividades (animacións Flash) de internet escribindo http://dirección_de o_recurso no cadro de texto "nome", o "http://" é necesario, pero recorda que o acceso só funcionará co teu LIM en internet (por motivos de seguridade LIM non se conecta a internet desde o teu computador).

Esta páxina tamén permite incorporar arquivos dende internet (sen que pertenzan ao almacén de recursos), simplemente escribindo o enderezo web (http://....... ).

Sen ter que crear nós mesmos unha actividade externa en flash, podemos baixala de internet. Lembrade o videotitorial de como baixar unha animación flash .swf dunha páxina web dende o navegador Internet Explorer, que viramos no Módulo 1.

Exemplo coa actividade externa “Representación de datos” creada por Fran Macías para Edugaliza.org.




Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55