A área de traballo preséntanos unha cuadrícula 6X6 na que podemos seleccionar ou deseleccionar os cadriños clicando co rato para facer a figura desexada.

A partires da figura creada hai 4 opcións diferentes para o usuario:
Repetir: reproducir o mesmo debuxo nunha nova cuadrícula que se crea á dereita do orixinal.

cadros

Investir: Coa mesma mecánica que a anterior, pero neste caso debuxamos marcando os ocos para facer a imaxe en negativo da figura orixinal.
Simetría: repetir o debuxo pero con simetría.
Desprazar: reconstruir o debuxo pero con desprazamento dun cadro á dereita.

Se activamos o recadro “ALEATORIO” , LIM crea un debuxo aleatorio de xeito automático e distinto cada vez que iniciamos a actividade. É válido para as catro opcións de actividade anteriores.


Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55