Esta actividade permítenos contar obxectos de valor diferente.

Pode ir acompañado dunha imaxe de fondo.

Teremos que indicar un texto explicativo da actividade.

medidas

Hai que describir os obxectos en letra e indicar o seu valor numérico.

Moi útil para realizar actividades de contar diñeiro, pesar, medir, …

Podes descargar un cartafol con imaxes para utilizar con este tipo de actividade (moedas, billetes, pesas, figuras musicais,...) e incluir no directorio de recursos desde aquí.

OLLO!: No campo "Valor" para indicar un número decimal temos que facelo con un punto (exemplo: 0.25)



Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55