Este tipo de actividade permíteche traballar as horas en diferentes tipos de reloxo:
-    Analóxico: Indicando só os números dos cuartos.
-    Analóxico: Indicando os números de todas as horas.
-    Analóxico: Indicando só os cuartos en numeración romana.
-    Analóxico: Indicando todas as horas coa numeración romana.
-    Reloxo analóxico e dixital.
-    Reloxo dixital.

O proceso de deseño da actividade é moi sinxelo:
1.- Seleccionamos o tipo de reloxo que queremos.
2.- Escribimos no recadro TEXTO a información que lle queiramos dar ao alumno.
3.- Poñemos a hora do reloxo no formato hora:minutos, por exemplo 12:30.
4.- Escribimos a hora que aparecerá na caixa de texto de LIM.
5.- Presenta cinco tipos de resposta

reloxo

•    O alumno deberá escribir unha resposta que deberá ser igual á que se defina no campo de "hora texto".

Debemos ter en conta que LIM permite definir varias respostas posibles, isto permite utilizar diferentes anotaciones. Á hora de construir a actividade podemos escribir como respostas: "As tres e cuarto,tres e cuarto,3:15,15:15,tres e quince,as tres e quince" cada frase separada por comas pode ser a resposta correcta do usuario.( Sen espazos).
•    Mover as agullas do reloxo mediante unhas frechas.
•    Libre.
As horas poden ser escritas no deseño da actividade ou o programa pode xeralas de xeito Aleatorio (marcando no recadro ao efecto).




Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55