Movemos unha imaxe dende o almacén de recursos ao marco principal.

As demáis imaxes podemos arrastralas dende o almacén a cada un dos puntos.  Arrastramos estas imaxes á súa posición final.

Podemos borrar unha imaxe en calquera momento seleccionándoa e clicando no botón “borrar” da parte superior dereita.

mover

O editor amosa tres opcións:
•    Ver destino: LIM amosa a área de destino asignando un número á posición da imaxe. Para que o programa a valide como acertada o vértice superior esquerdo de esta imaxe deberá coincidir co punto.
•    Sen orde: Cando non é necesario que cada imaxe coincida cun destino predeterminado.
•    Libre: para facer composicións co fin de amosar información.


Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55