Para comezar temos que arrastrar unha imaxe dende o almacén de recursos ao marco principal.
Nesta imaxe podemos definir ata un total de 6 áreas activas: clicamos co rato e sen soltar o botón movemos cada unha das áreas activas á posición final desexada.
No apartado “etiquetas” poñemos o texto que aparecerá en cada área activa segundo o tipo de páxina elexido.

etiquetas

Os formatos que admite este tipo de páxinas son:

- Mostrar información: É unha páxina eminentemente informativa. Aparece a imaxe coas áreas activas numeradas e as etiquetas correspondentes cos textos á dereita da mesma.
- Escribir textos: Aparece a imaxe coas áreas activas numeradas e as etiquetas á dereita pero sen texto. Hai que escribir nelas o texto correspondente.
- Arrastrar etiquetas: A frecha de cada unha das etiquetas debe tocar a área activa correspondente.
- Pasar o rato: Ao pasar o cursor sobre cada unha das áreas activas aparece o nome correspondente nun rectángulo de cor amarela.
- Texto: Páxina informativa. Aparece directamente o nome de cada área sobre o mesmo debuxo.
- Seleccionar: o usuario/a debe escoller varios puntos. Nas etiquetas correctas debemos escribir 1, e nas incorrectas 0.
- Ligazóns: os puntos serven para navegar entre páxinas.

En cada un destes tipos podemos engadir un texto breve na cabeceira e no pé de páxina. Tamén podemos engadir son en mp3 e activando a casiña “auto” reproducirase ao entrar na páxina.




Etiquetas 2:
Permite situar textos sobre unha imaxe.

Arrastramos a imaxe dende o almacén de recursos ao marco principal.
Escribimos o nome en cada etiqueta, e premendo co rato na parte sombreada da mesma a arrastramos ao seu lugar na imaxe.

etiquetas2

Os formatos que admite este tipo de páxinas son:

- Mostrar información: Páxina informativa.
- Escribir: As etiquetas aparecen no seu lugar na imaxe pero sen texto, que terá que ser escrito polo usuario.
- Arrastrar: Arrastramos as etiquetas ao seu lugar na imaxe.



Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55