Moodle é un dos sistemas de LMS (Learning Management System) máis populares. Este curso está construído con Moodle e podes ver as súas posibilidades.
A Consellería de Educación oferta aos centros educativos o proxecto "Webs dinámicas", formado por varias aplicacións, entre elas o xestor Moodle, por iso é importante facer unha pequena descrición de como integrar LIM.
Pasos:
Damos por suposto que xa hai un curso creado.
1.- Engadimos como recurso unha ligazón a un ficheiro.

crear ligazón

2.- Escollemos un arquivo

localizar o arquivo

3.- Buscamos o arquivo no ordenador e o subimos ao Moodle premendo en "Cargar este ficheiro".

subir arquivo

4.- Seleccionamos o arquivo e descomprimímolo.

ver o arquivo
5.-Unha vez que o temos descomprimido prememos en "Escolla"
descomprimido

6.- Xa temos o arquivo seleccionado.

preparar

7.- Podemos modificar a forma de presentar o libro-LIM: na mesma fiestra ou nunha fiestra nova, nesta caso é posible especificar as dimensións e outros parámetros.

opciones de fiestra

Outra forma de poñer os LIM en Moodle é mediante un paquete SCORM, en Exportar - Empaquetar e seleccionar SCORM:

scorm

Tamén tedes ferramentas como Reload (http://www.reload.ac.uk/pois aparte de empaquetar en scorm, o reload etiqueta en LOM-ES
(Etiquetado Estandar de Obxectivos Dixitales Educativos http://www.lom-es.es/ ).
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55