Outro método para inserir un libro-LIM nun blog é mediante a etiqueta " <object> ".


Os servizos gratuitos na Internet que permiten a creación de blogs ou wikis, as veces limitan a utilización da etiqueta "<iframe>", polo que faise necesario recurrir a <object>. Temos que prestar atención se o noso servizo de blog permite utilizar "<iframe>" ou "<object>", no caso de poder utilizar ámbalas dúas é recomendable empregar "<object>"


<object type="application/x-shockwave-flash" data="http://educalim.com/almacen/operacions/lim.swf?libro=operacions.lim" width="600" height="500"> <param name="movie" value="http://educalim.com/almacen/operacions/lim.swf?libro=operacions.lim" /><br /> <param name="quality" value="high" /><param name="wmode" value="transparent"><param name="allowFullScreen" value="true"><param name="allowscriptaccess" value="always"></object>

O seguinte exemplo está publicado mediante o método "<object>"




Temos que ter en conta que moitos destes servizos de creacion de blogs, webs... teñen moitas limitacións e restricións de seguridade a istas etiquetas iframe e object; como o coñecido wordpress.com, o servizo web, non permite o uso destas etiquetas object e iframe, e non se poden inserir os libros-LIM dentro do artigo. Unha soluciñon é poñer unha ligazón ben de texto ou cunha imaxe ao enderezo do libro-LIM.

Tamén podes utilizar un servizo externo como Vodpod (http://vodpod.com/ ) para inserir un LIM nun artigo de wordpress.com Mira este exemplo: http://limlab.wordpress.com/2012/02/28/entroido/ 

Reparade que para publicar no blog é preciso ter un "theme" axeitado para que non tape parte do LIM, e saber cambiar as dimensións do libro: width="600" height="500"   (corresponde a 600x500, se quero facelo mais pequeno haberá que modificar istes valores).
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55