Para a inclusión de actividades LIM nun blog, tedes que gardar no voso espazo web os tres arquivos creados polo programa.

Nun suposto caso dun libro sobre as olimpiadas, teremos que transferir os arquivos olimpicos.lim, olimpicos.html e lim.swf. O primeiro é o arquivo de configuración do exercicio, o segundo é o arquivo HTML ao que exportamos o exercicio, e o terceiro é o que permite que o exercicio funcione con tecnoloxía Flash.

Unha vez feito isto, temos que incluír no artigo do noso blog o seguinte código; o mais importante é escribir no atributo src a ruta de onde gardamos o arquivo de HTML, no que exportamos o exercicio LIM.

<div align="center"><iframe src="http://ruta_mi_servidor/sopa.html" frameborder="0" height="400" width="600" scrolling="auto"></iframe></div>

Por fin aquí temos xa o libro. O procedemento parece longo, pero en realidade todo isto pódese facer en dez minutos. Agora toca saber sobre as olimpiadas. Sorte.

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55