Amosa dúas imaxes superpostas, a inferior só é visible no espazo definido por un círculo. Podemos arrastrar o círculo sobre a imaxe. Os resultados poden ser sorprendentes. Esta páxina pode ser descriptiva se non definimos unha resposta.

O proceso de realización da actividade co Edilim é moi sinxelo:

Raios X

  1. Na casiña IMAXE colocamos a imaxe que se vai a amosar por enriba e sobre a que imos a desprazar a lupa.
  2. Na casiña FONDO colocamos a imaxe inferior que se vai a amosar cando movemos a lupa.
  3. No recadro BURATO definimos numéricamente o tamaño da lupa (por defecto: 50)
  4. No cadro RESPOSTA poñemos o texto que se dará como correcto. Se admite diferentes respostas válidas teremos que escribilas todas separadas por comas e sen espazos.
  5. Podemos incluir na actividade un TEXTO explicativo amplo clicando na icona e despregándose unha fiestra onde deberemos escribir.
  6. No caso de non definir unha imaxe superior podemos seleccionar unha cor no apartado TAPA que ocultará a imaxe inferior.


Se segues tendo dúbidas, podes ver este minititorial:

Minititorial de como facer unha páxina de raios X

(ou descargar o zip do minititorial aquí  Descargar o zip do minititorial )

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55