O primeiro, xa que imos comezar, definir o directorio de recursos.

A situación da imaxe e do texto é configurable, así como as cores e o comportamento. Vexamos un exemplo:


Desde a versión 3.2 é posible utilizar un editor visual para dar formato aos textos. editor visual

1. Botóns para poñer o texto en negra, subliñado e cursiva
2. Facer lista.
3. Axustar o párrafo á esquerda,centro ou dereita.
4. Cor do texto.
5. Fonte e tamaño.
6. Facer efectivos os cambios en EdiLIM.
7. Cancelar sen facer modificacións no texto de EdiLIM.
Lembrar que para facer os cambios permanentes é necesario premer no botón 6.

IMPORTANTE: O cadro da imaxe admite ademáis videos en formato .flv ou .mp4 e animacións flash en formato .swf . No cadro verás unha icona que indica que é un video ou animación. Podes arrastralo pola páxina segundo o teu deseño.

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55