Temos a posibilidade de personalizar o aspecto da apariencia de LIM mediante skins. Trátase de arquivos swf que conteñen botons e  comunicanse co LIM para ofrecer novas funcion. Os usuarios avanzados poderán elaborar skins e poñelos a disposición da comunidade. Un libro-LIM pode conter un skin superior e outro inferior

skin

Por defecto LIM inclúe dous skins ou temas.

O usuario pode seleccionar un deles mediante o menú contextual (botón dereito do rato). Ademais pode engadir o cambio de skin nos botóns.

modificar skins

O funcionamento.
Un skin conten dúas partes: o deseño e un pequeño código actionscript1 que serve para intercambiar información coa API de LIM

Podes descargar un arquivo de exemplo que conten un skin de aspecto superior e outro inferior, e modificalos segundo os seus desexos (open source). [exemplos]

Tamén podes ver un pequeno videotitorial de como facelo paso a paso:

Videotitorial de como cambiar os botóns nun LIM

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55