Para aquelas operacións mais básicas, pódenos ser de utilidade o editor de imaxes de EDILIM.

Semella un erro que ocorre en EdiLIM ao arrastrar imaxes grandes, que non se axustan á fiestra e só se ve unha parte. Non se trata dun erro, se non dun efecto intencionado. Deste xeito se chama a atención do usuario sobre a desproporción da imaxe, necesitamos facela mais pequena, isto é redimensionala.

Como utilizar este sinxelo editor de imaxes que leva incorporado o Edilim?: pois en primeiro lugar seleccionamos a imaxe no directorio de recursos da esquerda, dámolle á icona que se amosa na imaxe inferior e ábrese o editor coa imaxe orixinal e unha segunda imaxe que podes modificar movendo o cursor de "dimensionar". Cando esta segunda imaxe teña o ancho e longo que desexemos podemos gardala clicando o botón gardar (esta segunda imaxe susbstituirá á orixinal) ou gardar como (onde lle podemos poñer un novo nome e así non perderemos a orixinal por se máis adiante nos pode servir para outra actividade). Recomendamos sempre esta segunda opción.

Editor de imaxes do EDILIM

En Internet é importante a optimización dos recursos. Non ten senso utilizar imaxes grandes que logo LIM debe redimensionar, o ideal é adaptar o tamaño ao que se necesita.

Outra opción interesante é o Format Factory: Para redimensionar imaxes en lotes. 
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55