É moi importante utilizar un programa de edición de imaxes para redimensionalas, recortalas, optimizalas, retocalas e convertilas ao formato que desexemos (lembra de LIM traballa con imaxes en formato .jpg, .gif e .png). O programa comercial máis coñecido é o Photoshop, aínda que nós recomendamos o GIMP (Programa de Manipulación de Imaxes GNU) por ser software libre e polo tanto completamente gratuito e atoparse na nosa lingua.

Podes ler máis sobre o GIMP na Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/GIMP

Unha das utilidades máis interesantes é a posibilidade de poñerlle o fondo transparente ás nosas imaxes. Podes ver un videotitorial de como facelo co GIMP clicando na imaxe:

Videotitorial para crear unha imaxe con fondo transparente co GIMP


(ou descargar o zip do minititorial aquí  Descargar o zip do videotitorial )

Aínda así, se sigues prefirindo o Photoshop, tamén podes ver o proceso de poñerlle o fondo transparente a unha imaxe co seguinte videotitorial:

Videotitorial para crear unha imaxe co`n fondo transparente co Photoshop

(ou descargar o zip do minititorial aquí Descargar o zip do minititorial  )

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55