Antes de nada, reparamos en que LIM precisa para o seu correcto funcionamento do complemento (ou plug-in) de Flash. (Se non dispós do control flash player no teu ordenador, visita www.adobe.com/es/products/flashplayer/)

Para facilitar o traballo de creación de páxinas existe a ferramenta EdiLim (editor de LIM). LIM e EdiLim son de uso e distribución libre, sempre que se respecte a súa gratuidade e autoría.

As páxinas do noso libro multimedia, poderán conter variado contido multimedia polo que necesitamos afacernos aos tipos de arquivos que soporta:

  • Sons: So admitirá sons en MP3.
  • Animacións: SWF
  • Vídeos: Poden ser do tipo FLV ou MP4 (códec H.264)
  • Imaxes: Teñen que ser JPG, PNG ou GIF.
Moi ben pois agora precisamos manexar previamente os arquivos que queremos ter no noso libro, imos un a un:

* SONS: 

Audacity: audacity audacity.sourceforge.net

Para pasar de formato wav a mp3 podese empregar o Format Factory (mais abaixo) 

* ANIMACIONS: Para facer capturas de pantalla
www.debugmode.com/wink Gratuito

É interesante instalar un plugin que nos crea un novo botón no explorador que permite gardar todos os elementos flash (.swf) da páxina que estás visualizando. Este programa chámase Flash Saving Plugin e podes descargalo dende: http://www.browsertools.net/Flash-Saving-Plugin/index.html e é gratuito.

* VIDEOS: Vdownloader: Para baixar videos de internet de páxinas como youtube, Google Video, Metacafe, MySpace, DailyMotion,... a diferentes formatos, entre eles o .flv Gratuito. www.vdownloader.es
Outra alternativa gratuita e online coa mesma funcionalidade é http://www.bajaryoutube.com  ou www.keepvid.com

Un conversor de vídeo moi completo, de balde e en galego é o FormatFactory. Iste completo programa gratuito permite a conversión de todo tipo de formatos: video ( MP4, AVI, 3GP, MPG, FLV e MOV); imaxe (JPG, BMP, PNG, TIF e ICO), audio (MP3, OGG, WMA, M4A e WAV) ademáis de moitas outras posibilidades. www.formatoz.com

Format Factory en galego


* COMPRESORES: 7Zip: O mellor compresor e descompresor de arquivos. É software libre e en galego. www.7-zip.org

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55