O Edilim está suxeito a unha licenza Creative Commons, é decir: pode ser usado libremente, sen limitación algunha, para calquera tipo de uso: persoal, comercial, educativo, etc. Sen embargo non está permitido modificar o código fonte sen autorización expresa do autor.

Outra cousa son os recursos multimedia que empreguemos para facer as actividades. Cando non son propios, temos que ter en conta onde os obtivemos e que licenza de uso teñen atribuida.

As licenzas Creative Commons

A licenza Creative Commons non significa que non teñan copyright. Este tipo de licenzas ofrecen algúns dereitos a terceiras persoas baixo certas condicións. Hai un total de seis licenzas Creative Commons para escoller, baseadas na combinación de catro condicións:

Recoñecemento (Attribution)Recoñecemento (Attribution): En calquera explotación da obra autorizada pola licenza fará falta recoñecer a autoría.

Non Comercial (Non commercial)Non Comercial (Non commercial): A explotación da obra queda limitada a usos non comerciais.

Sen obras derivadas (No Derivate Works)Sen obras derivadas (No Derivate Works): A autorización para explotar a obra non inclúe a transformación para crear unha obra derivada.

Compartir Igual (Share alike)Compartir Igual (Share alike): A explotación autorizada inclúe a creación de obras derivadas sempre que manteñan a mesma licenza ao ser divulgadas.

Con estas catro condicións combinadas pódense xerar as seis licenzas que se poden escoller:

Recoñecemento (by)Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluindo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restrición.

Recoñecemento - NonComercial (by-nc)Recoñecemento - NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais.

Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual (by-nc-sa)Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a distribución das cales débese facer cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.

Recoñecemento - NonComercial - SenObraDerivada (by-nc-nd)Recoñecemento - NonComercial - SenObraDerivada (by-nc-nd): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.

Recoñecemento - CompartirIgual (by-sa)Recoñecemento - CompartirIgual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución das cales débese facer cunha licenza igual à que regula a obra orixinal.

Recoñecemento - SenObraDerivada (by-nd)Recoñecemento - SenObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas.

(Datos sobre as licenzas Creative Commons da web: http://es.creativecommons.org/licencia )

Informe Propiedade IntelectualPara clarificar un pouco o tema podemos revisar este Informe elaborado polo MEC sobre propiedade intelectual dos materiais curriculares en liña (con especial atención ao artigo II.1.c sobre o "dereito de cita" que "establece a licitude da inclusión nunha obra propia (no noso caso, as obras multimedia) fragmentos de outras obras axenas de natureza escrita, sonora ou audiovisual, así como obras de caracter plástico, fotográfico, etc. a condición de que: a obra xa estivese divulgada; que se incluan con fins de cita para o seu análise, comentario ou xuizo crítico; que se faga con fins docentes e por último é preciso indicar a fonte e o autor da obra utilizada".

Lembrade tamén que os buscadores de imaxes máis coñecidos e usados, como poden ser o Flickr ou o Google Images, teñen en "Opcións avanzadas" a posibilidade de filtrar por licenzas:

Filtrar por licenzas en Google

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55