Na procura dunha solución



Teño escoitado falar sobre Blogs, Wikis, etc pero non teño moi claras as súas características nin cal sería a solución máis adecuada para o problema proposto así que vou estudar catro posibles opcións: Un blog de Aula, unha Wiki, unha Aula Virtual, unha páxina Web.

  • Un Blog ten unha estrutura de diario, no cal as entradas aparecen ordenadas por data de publicación. É sinxelo de crear pero carece da opción de crear os contidos dun xeito organizado.
Exemplo http://englishforsecondary.blogspot.com/
Se non tes claro o que é un Blog mira o seguinte vídeo

  • Unha Wiki permite crear unha estrutura xerárquica de páxinas, e o traballo cooperativo, é dicir podemos crear a web entre varios usuarios, controlando que modificacións fai cada un.
Exemplo: http://letsticenglish.wikispaces.com/home
Se non tes claro o que é unha wiki mira o seguinte vídeo

  • Unha Aula Virtual permite organizar os contidos dunha clase, xestionar usuarios, poñer apuntes, recibir traballos dos alumnos, crear cuestionarios online. Un exemplo sería a plataforma platega onde estás realizando este curso. Calquera que estea interesado pode crear a súa aula virtual empregando Moodle na web dinámica do seu centro. É a solución máis completa pero tamén é a máis complexa.
  • Unha Páxina Web permite organizar os contidos dun xeito xerárquico e colgar arquivos e recursos, pero non permite ningunha das características dos anteriores.
Resumindo


Vantaxes
Inconvenientes
Blog
  • Sinxelo de Crear
  • Non ten estrutura xerárquica senón de diario
Wiki
  • Estrutura xerárquica
  • Facilita a colaboración, ideal para crear contidos entre varios usuarios, controlando que fai cada usuario
  • De momento non nos interesan as características de colaboración das Wikis
Aula Virtual
  • Estrutura xerárquica
  • Xestión de Usuarios
  • Moitas posibilidades, por exemplo crear test que se autocorrixen.
  • Require un esforzo de aprendizaxe maior que as outras opcións.
Páxina Web
  • Estrutura xerárquica
  • Se a facemos dende cero, necesitaríamos coñecementos de deseño Web.


Opción final escollida

Coñecendo as posibilidades e limitacións das opcións anteriores Brais opta por recomendarlle unha aplicación Web 2.0 chamada Google Sites que reúne as mellores características das opcións anteriores e que lle permite elaborar o seu sitio educativo de xeito sinxelo.

Google Sites é sinxelo de empregar, está en continua renovación e
é moi versátil xa que se pode empregar como sitio Web, Wiki ou Blog.
     
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55