Consellos e normas para a participación no curso:

Aínda que os contornos de aprendizaxe a distancia (como PLATEGA) están pensados para realizar os cursos e actividades neles desenvoltos respectando os ritmos persoais de dedicación e aprendizaxe; é necesario, como en toda actividade regrada, establecer unha orde e tempo de dedicación planificada para evitar atrancos finais na participación nos cursos e elaboración de actividades. Os titores deste curso recomendamos:

  • Tentar de seguir o calendario establecido na guía didáctica para a realización do curso.
  • Participar nos foros ante calquera dúbida. Non ter vergoña de preguntar.

Este curso que estás a realizar está dentro da Plataforma de Teleformación de Galicia (PLATEGA). É unha modalidade da chamada E-learning ou ensinanza a distancia. O curso ten unha estrutura modular (neste caso 9 módulos formativos) nos que hai unha situación-problema a solucionar, alternativas de solución e proposta de traballo (tarefa obrigatoria), apoiada por un material de apoio e un foro para cada módulo. Hai tarefas opcionais en cada módulo por se desexades profundar nos contidos. Non dubidedes en participar nos FOROS xa que este modelo formativo está pensado para crear redes de aprendizaxe colaborativas.

Preguntas básicas (FAQS) sobre Platega:

Platega será a plataforma de traballo.Neste enlace (link) poderás ler algunhas cuestións básicas sobre o funcionamento da plataforma. PLATEGA_FAQS

Lembra contactar cos titores ante calquera dúbida.

Last modified: Monday, 21 December 2015, 8:55 PM