Neste último día veremos, de xeito bastante resumido, aplicacións xa máis específicas de diferentes disciplinas. Entre elas temos:

Musescore: programa de edición de partituras (equivalente a Sibelius ou Finale).
Kalzium: Programa de química, baseado arredor da tabla periódica.
Stellarium: Programa de astronomía.
Ktechlab: Programa de edición e simulación electrónica.
Kig: Programa de xeometría.
Gcompris: Programa con unha morea de actividades para os máis pequenos.
Kgeography: Programa de xeografía.
Kturtle: Programa para aprender a programar (Logo)
JClic: Programa con centos de actividades feitas por profesores.
Outras aplicacións que xurdan por preguntas dos asistentes.

Tentaremos rematar contidos que quedaron pendentes.

Tamén veremos brevemente, e se hai tempo:

Espazos colaborativos de software libre de Galicia. Listas de correo-e, redes sociais, tradución de software libre, etc. Situación do Software Libre en Galicia.

Estratexias de implantación de software libre nun centro de
ensino: estudo do entorno e necesidades concretas, timing de
implantación e soporte.

Se hai contidos que non dea tempo expoñelos durante o relatorio, os subirei á aula virtual.
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM