Este día o adicaremos ao entorno gráfico de escritorio Gnome, o entorno máis popular a día de hoxe.

Entre os contidos a desenvolver están os seguintes:
  • Inicio de sesión. Técnicas básicas. Vista xeral do Escritorio.
  • Configuración do sistema:
    • Actualización de sóftware
    • Instalación de paquetes extra (códecs, paquetes de idioma, etc.)
    • Creación de usuarios
    • Instalación de periféricos: Impresoras e escáners.
  • Árbore de directorios: directorio raíz, /home, /usr/bin (aplicativos), /media e outros.
  • Configuración de preferencias de usuario:
    • Apariencia: Tema, Fondo e protector de pantalla, tipo de letra, etc.
    • Aplicativos de inicio e aplicativos preferidos.
    • Atallos de teclado
    • Monitores
    • Configuración de teclado
    • Engadir paneis e engadir elementos a estes.
  • Crear, borrar, copiar, mover e renomear cartafoles e ficheiros en Gnome. Permisos de arquivos.
  • Trabar a pantalla, rematar sesión, suspender, hibernar e apagar/reiniciar sistema.
Para este tema existe amplia documentación.

Unha delas é, obviamente, a documentación do propio proxecto Gnome. Podedes vela en liña aquí (existe páxina equivalente en galego, mais so están traducidos 2 dos 8 apartados).

Se queredes, tamén podedes descargaros esta documentación para vela en PDF aquí.

Tamén moi completa é a axuda que temos da propia Ubuntu no propio escritorio. Podes acceder a ela en Sistema -> Axuda e asistencia técnica.

Nesta sesión iremos practicando todos estes contidos a medida que os vaiamos expoñendo.
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55