A) En que consiste ser libre?

Adóitase dicir que unha acción é libre cando a realizamos dunha maneira consciente e voluntaria. Por iso non é verdadeiramente libre quen actúa baixo ameaza ou quen sofre un trastorno mental grave.

Pero tampouco é verdadeiramente libre quen se dedica a facer o primeiro que se lle pasa pola cabeza sen ningún motivo. Ao revés do que se soe dicir, actuar por impulsos non é actuar libremente xa que as accións que se consideran libres son froito dunha reflexión ata decidir que é o mellor que podemos facer.

Formade grupos de catro ou cinco persoas para discutir o tema e realizade a actividade que vos propoño a continuación.

Está claro que nunca nos imos poñer de acordo sobre este tema pero está ben expresar libremente o que pensamos.

Última modificación: Martes, 16 de Maio de 2017, 13:14