B) Xestión de conflitos. Unha historia para comezar

Hoxe Carlos e Laura volveron montar unha bronca no recreo. Carlos estaba a xogar cuns amigos ao balón e, sen querer, doulle un balonazo no lombo a Laura que pasaba por alí. Ela anoxouse un montón e chamoulle de todo. Cando chegamos a clase había un debuxo no encerado dun burro co nome de “Carlos” e el, ao velo, foi á mesa de Laura con ganas de guerra. El chamoulle histérica e enleáronse nunha chea de insultos  ata que chegou a profesora e puxo orde, botounos fóra e mandounos a falar coa Xefa de Estudos. Ao principio de curso eran moi amigos pero agora cada vez hai máis tensión entre eles, ata tal punto que xa hai dous grupos na clase: os que apoian a Laura e os que apoian a Carlos. 

Imos intentar axudar a Carlos e Laura a resolver o conflito, pero necesitamos saber que é un conflito e que podemos facer para resolvelo. Para elo premede no seguinte enlace. Despois de ler a presentación enchedes o cuestionario que aparece a continuación

Última modificación: Mércores, 21 de Xuño de 2017, 11:46