A) Construción da identidade propia. Quen son eu?

Algunha vez fixécheste a pregunta “Quen son eu”?, pois imos intentar contestala xogando con este papel de embalar que vou repartir.

1. O primeiro xogo consiste en facer un boneco que nos represente con papel de embalar.

Unha vez feito o boneco colocámoslle ou debuxámoslle algún obxecto que sexa moi importante para nós.

Por último, o boneco (que es ti) cobrará vida (terás que falar por el, claro) e contaranosa todos  unha pequena historia que teña que ver contigo.

2. No segundo xogo o teu boneco vai facer un amigo e interactuar con el. O teu amigo vai investigar quen es e contarnos aos demais o que sabe de ti, ti farás o mesmo con el. Despois, os dous bonecos contarán unha historia ou unha aventura que viviron xuntos (pode ser real ou inventada).

3. Ídesvos poñer en grupos e representar cos bonecos unha pequena historia, o mesmo que co voso amigo, pode ser real ou inventada.

Espero que todos estes xogos che axudaran a coñecer algo máis de ti mesmo. Agora imos avaliar o noso traballo e o dos demais. Para elo preme no  seguinte enlace

Última modificación: Martes, 16 de Maio de 2017, 13:07