OS BLOGS: CREACIÓN E ENTRADAS.


log



Se no anterior obradoiro traballabamos con padlet, que permitía crear un taboleiro virtual de xeito sinxelo, agora imos dar un paso máis entrando nun dos emblemas máis destacados diso que chaman a web 2.0: os blogs.

Os blogs son sitios web que se caracterizan por estar estruturados en base a entradas (tamén chamadas posts)que se colocan en orde cronolóxica inversa, isto é: a última entrada é a que aparece en primeiro lugar.

Os blogs ábrennos moitas posibilidades para o traballo na aula, dado que podemos empregalos como diario de clase, centralos nun aspecto concreto, enriquecer os seus contidos cunha gran cantidade de medios audiovisuais…

Para empezar no mundo dos blogs veremos un par de titoriais de blogger, un servicio asociado á conta de gmail, co que os pasos iniciais de rexistro xa están feitos.






Actividades prácticas

Podes comezar a empregar un blog para empregalo como diario de clase, no que as entradas xiren en torno ás cousas que se vaian tratando respecto ao tema do mundo clásico.

Tamén podes abrir un blog máis específico, centrado nun aspecto concreto como a arte grega, os mitos gregos…

Iso si, escollas o modelo que escollas, cando esteas redactando entradas no blog non esquezas facer un uso axeitado das imaxes e empregar as licenzas CC, así como evitar o copiaepega.

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56