UN TABOLEIRO ONLINE: PADLET.


log







Neste obradoiro traballaremos unha das formas máis sinxelas e directas de compartir información na web: a creación dun taboleiro virtual con padlet.

Unha das grandes vantaxes de padlet é que podemos crear directamente os nosos taboleiros sen rexistro previo, aínda que si é convintte crear unha conta se imos a usar esta ferramenta con frecuencia.

¿Para que serve? Para o mesmo que un taboleiro de cortiza pero con algunha posibilidade máis, xa que ademais de anotacións e imaxes podemos subir vídeos.

Tes aquí dous titoriais que che axudarán a dar os teus primeiros pasos con padlet, verás que rápido lle colles o truco.






Non esquezas que padlet permite a posibilidade de abrir os nosos taboleiros a outros autores, co que tamén funciona como ferramenta colaborativa.


Actividades prácticas

Podes empregar padlet como taboleiro para calquera tema do curso, nós facémosche estas propostas relacionadas coa unidade das primeiras civilizacións.

· A invención da escritura.

· As civilizacións mesopotámicas.

· As pirámides.

· ...

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56