AS LIÑAS DE TEMPO CON TIMERIME.

log





Unha das formas máis gráficas de representar secuencias temporais é empregar unha liña de tempo, que consiste nunha liña segmentada en función dos anos/séculos/períodos que se queiran representar.

Para ver un exemplo de liña de tempo (e ben ampla por certo...) pulsa neste link.

Existen ferramentas web que nos permiten elaborar liñas de tempo de xeito sinxelo en canto coñecemos un pouco a mecánica do seu funcionamento. Unha delas é timerime, e dela deixámosche un titorial:







Actividades prácticas

Propoñémosche dúas actividades prácticas a facer en dúas liñas de tempo con timerime.

1.- O ano no que nacín: anota nunha liña de tempo os sucesos de importancia que tiveron lugar no ano no que naciches, empregando a opción mes e día dos eventos.

2.- Cousas da historia: anota nunha liña de tempo os sucesos recollidos na actividade Cousas da historia desta unidade.




Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56