Cartografía: gMAPS.

log




Para o derradeiro obradoiro TIC do bloque de Xeografía deixamos unha ferramenta cartográfica, googleMaps, asociada á conta de google e que resulta dunha gran utilidade dado que combina os dous elementos que xa viamos para as restantes ferramentas google: facilidade de uso e posibilidade de traballo colaborativo.


A continuación deixámosche un estupendo titorial de Anna Sorolla sobre a creación de mapas con gMaps, verás que o nome dos botóns de acceso presentan algún cambio, coma Iniciar sesión en lugar de Acceder, pero os trazos básicos da presentación da ferramenta son válidos (mentres google non cambie totalmente a interfaz...)



Non esquezas á hora de realizar os teus mapas o que vimos sobre as imaxes con licenza CC ou a necesidade de elaborar a información máis alá de copiar e pegar

Actividade práctica: Creamos os nosos mapas.


Este tema do ProxectoTerra sobre identidade territorial préstase a traballar con gMaps. Aquí tes varias propostas de traballo, que poden contemplarse desde unha óptica individual ou colectiva.

· Os castros da miña zona.

· A pegada da historia no sitio no que vivo (xeolocalizar espazos relacionados co pasado)

· As vías de comunicación da miña provincia.

· …

A totalidade dos temas que verás na materia de Ciencias Sociais neste curso e en todos os demais ten elementos suscepetibles de ser cartografados, así que bótalle imaxinación... e a facer mapas.



Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56