OS DOCUMENTOS COLABORATIVOS.

log




Viamos nos obradoiros anteriores como buscar e como gardar información, polo que xa chegou o momento de que os nosos esforzos de busca e etiquetado dean froito: toca CREAR.



Como primeiro paso propoñémosche algo que quizais xa manexes: unha conta de gmail. Os servizos de google van moito máis aló que un xestor de correo electrónico, xa que nos proporcionan múltiples ferramentas, entre elas a posibilidade de crear documentos online, para iso empregaremos google DRIVE.


A continuación deixámosche un sinxelo titorial sobre creación de documentos en drive.



Como ves empregando google drive podes redactar sen ningún problema un documento, pero hai algo aínda máis interesante… google Drive permite compartir os documentos para poder traballalos en equipo. Isto é algo moi útil tanto para facer traballos de aula en grupo como para enviar traballos ao profesor/a sen necesidade de adxuntar arquivos nun correo electrónico, algo moito máis lioso.

A continuación deixámosche un titorial sobre como compartir documentos en google drive.



Actividade práctica: Traballo en grupos sobre As paisaxes da Terra.

Para comezar a traballar en serio cos documentos de google Drive propoñémosche que fagas un traballo de grupo (2 ou 3 persoas) sobre algunha paisaxe concreta asociada aos climas que viches nesta unidade.

O primeiro paso é crear un único documento de traballo e compartilo para poder despois realizar a actividade.

Ollo!! Os que escribimos isto e ti que o estás lendo sabemos perfectamente que xa estás pensando en ir correndo á wikipedia para copiar e pegar toneladas de información sobre algunha paisaxe e iso NON VALE!!

Para evitar a tentación ao copiaepega propoñemos que fagades o traballo seguindo unha serie de condicións:

· Extensión: non máis de 3 páxinas

· Estrutura do traballo:

· Nome da paisaxe.

· Ubicación (continente, país, rexión, clima).

· Trazos.

· Imaxe (con link ao lugar web onde a atopaches).

· Lugares web empregados.

· Participantes do grupo de traballo.

En canto rematedes podedes compartilo coa conta de gmail do profesor/a para que quede constancia do voso traballo.

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56