A MARCACIÓN SOCIAL.

log

Unha vez que manexamos distintas estratexias de busca de información na rede, atoparemos páxinas de grande interés que nos sitúan ante o reto de como almacenalas para non esquecelas e que permanezan accesibles. Seguramente temos a experiencia de empregar algún folio en branco, libretiña ou similar, e sabemos que ese soe ser a vía máis directa para perder a información. Do mesmo xeito, cando empregamos a ferramenta marcadores da nosa barra de firefox e os gardamos alí, todo vai ben ata que chega un virus, ou simplemente non temos o noso equipo diante porque estamos no Instituto...

Por iso este segundo obradoiro TIC ten como obxectivo familiarizarnos coa marcación

social mediante dúas das ferramentas máis coñecidas neste ámbito: mr wong e delicious. Presentaremos a continuación uns titorias de cada unha desas ferramentas, hai outras coma diigo ou favoriting que podes escoller, pero todas teñen en común que permiten gardar os links a páxinas de interese, catalogándoos mediante etiquetas que facilitan a súa busca posterior.

A continuación tes un par de titoriais para saber como funcionan as ferramentas de marcación, verás que aínda que as interfaces son distintas, o sistema é similar para todas as ferramentas.



  • Titorial Mister wong.(ás veces mr wong da problemas no rexistro, se persisten mellor cambiar de ferramenta)

  • Titorial delicious (un pouco "lento," pero realizado sobre a nova interfaz de xullo de 2013)


Actividade práctica: Catalogación de páxinas en función dun tema común.

Escollida a ferramenta de marcación social que se empregará na aula, toca comezar a usala. Non esquezas o aprendido no obradoiro anterior sobre a busca avanzada en google e busca información na rede referida a esta unidade.

Pero ollo!! Antes de comezar é moi importante deterse no apartado do etiquetado, xa que é o máis importante da marcación social, posto que, se non se etiqueta correctamente e seguindo uns criterios, a información gardada non será accesible xa que non lembraremos como chegar a ela. Para traballar este aspecto propoñemos un etiquetado que conste de:

tema, formato, materia/curso

Por exemplo, no caso do vídeo de youtube sobre a deriva continental que aparece no apartado links deste bloque o etiquetado sería: deriva continental, vídeo, ccss.

Podes usar a marcación social para todos os temas deste curso, e para todas as materias. Ánimo!!





Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56